Abre no Fogar de Maeloc a mostra fotográfica 'Hai presente'
O Fogar de Maeloc, a casa da cultura da Pastoriza acolle desde o venres 21 de abril unha nova mostra co título Hai presente, ao cargo das fotógrafas Esther e Sandra López.
Hai presente nace como posta en valor de todos eses artistas da terra que fan tanto por manter a cultura galega no lugar que se merece, así como da imperante necesidade que ten achegar esa mesma cultura a zonas do rural onde é máis complexo atopar exposicións, museos ou actuacións no día a día.
A mostra, a cargo da barallense Esther López e da veciña de Láncara Sandra López, consta de 15 retratos de diferentes artistas galegos vencellados o rural e doutra serie de fotografías e presentacións de traballos elaborados polos mesmos.
Pode visitarse a exposición de luns a venres de 9.30 a 18.00 horas.