Abre no IES Lois Peña Novo unha mostra sobre Luísa Villalta

No IES Lois Peña Novo polo Día das Letras Galegas o alumnado de primeiro ano dos ciclos FP, ESA e bacharelato realizou xunto co profesorado unha exposición colaborativa sobre Luísa Villalta, autora a que se lle adican as Letras galegas.
Esta mostra estará aberta ata o 31 de maio no propio centro educativo vilalbés.