Abre no museo de Viladonga unha mostra sobre o confinamento
O Museo do Castro de Viladonga vén de abrir a mostra itinerante Antropoloxía visual dunha sociedade confinada, una mostra promovida polo Museo Etnolóxico de Ribadavia para reflexionar sobre a situación sanitaria actual.
Antropoloxía visual dunha sociedade confinada é ten na pandemia da covid-19 unha dobre referencia, xa que ademais do seu contido, é a primeira que se abre ao público neste museo tras o período de confinamento, un intento como outros de recuperar a ansiada "normalidade" volvendo aos espazos públicos.
A mostra reflexiona sobre o impacto social a través das fotografías de Agostiño Iglesias, Brais Lorenzo, Miguel Muñíz, Miguel Riopa, Mónica Vila Ferreirós, Óscar Corral, Óscar Pinal, Rosiña Vermello e Santi M. Amil e os vídeos realizados por Ainhoa Viñuela Don e Branca Selas Chao.
Está concibida como unha mostra itinerante que levará tamén visitará o Museo do Pobo Galego.
A mostra poderá visitarse no Museo do Castro de Viladonga ata o próximo 1 de marzo no horario de apertura do centro, de 10.00 a 19.00 horas.