Abre o Centro de Recría da Deputación en Castro

TerraChaXa
O Centro de Recría da Deputación abre o martes 5 de xuño as súas portas coa entrada das primeiras 50 novillas de gandeiros da provincia de Lugo.
centroderecria
4 Xuño 2018

O Centro de Recría da Deputación abre o martes 5 de xuño as súas portas coa entrada das primeiras 50 novillas de gandeiros da provincia de Lugo. Trátase do 1º centro de recría público de gando vacún de leite que existe en España, pois foi construído en solitario polo Executivo Provincial con 12 millóns de euros logo de que a Xunta de Galicia rexeitase colaborar. As novas instalacións están situadas en terreos da Deputación na Granxa Gayoso Castro, no Concello de Castro de Rei. A a súa xestión é de rigoroso control público por parte da Deputación e coa colaboración de reputados expertos da Universidade de Santiago de Compostela. A adxudicataria, tras un proceso de concorrencia competitiva, resultou Recría Castro S.L, que conta coa participación directa da cooperación galega SERAGRO da que forman parte 1.500 gandeiros, dos que sobre o 50% son lucenses. Esta deberá cumprir uns estritos pregos e un regulamento en defensa dos dereitos.

Na actualidade existen 4 centros de recría en España: 3 privados en Mazaricos (A Coruña), en Pantón (Lugo) e en Mallén (Zaragoza). Hai outro en Guipúzcoa construído en terreos da Deputación Foral pero de xestión privada, pois foi cedido a unha empresa e a administración desvinculouse do seu funcionamento.

O Centro de Recría da Deputación pode acoller a 3.000 novillas, duplicando a capacidade de recría que existe hoxe en Galicia. O prezo da recría é de 2,39 euros ao día. Esta tarifa inclúe custos de transporte, tratamentos de fertilidade, alimentación, control sanitario, revisións veterinarias... a diferenza dos centros privados. Con este prezo os gandeiros aforrarán custos e non terán que levar a recriar os seus animais a centros fóra de Galicia. Teñen prioridade de acceso os gandeiros da provincia e logo os do resto da Comunidade Autónoma.

Cando o Centro de Recría da Deputación estea a pleno rendemento (en dous anos poderá acoller as 3.000 novillas) será capaz de xerar uns beneficios anuais duns 3 millóns de euros na provincia, atendendo só á contratación de bens e subministros para o funcionamento destas instalacións como por exemplo pensos, forraxe, veterinarios, mantemento... A isto engádese o aumento do valor no mercado dos animais recriados, pois serán mellorados xenéticamente. A actividade no centro xerará 10 novos empregos directos, ao tempo que contribuirá a manter ducias de postos de traballos ao colaborar con profesionais vinculados ao sector.

0.25930905342102