Abre o día 1 de maio o prazo de matrícula na Escola Infantil de Guitiriz

TerraChaXa
Guitiriz abre o venres, 1 de maio, o prazo para efectuar a renovación de praza para o próximo curso no Punto de Atención á Infancia (PAI).
20 Abr 2024

O Concello de Guitiriz abre o 1 de maio, o prazo para efectuar a renovación de praza para o próximo curso 2024/2025 na Escola Infantil Municipal.

Por unha banda, o prazo para renovar praza abrirase desde o 1 ao 15 de maio e, pola outra, as novas solicitudes poderán facerse desde o 16 ao 31 de deste mesmo mes. En ambos casos a documentación pódese entregar por sede electrónica ou de xeito presencial, con cita previa.

As familias interesadas poderán atopar toda a información e a documentación na páxina web municipal no apartado dedicado ao PAI.

0.10882186889648