Abre o luns o prazo de inscrición para a Escola Municipal de Teatro de Vilalba

TerraChaXa
As clases, que se impartirán todos os xoves lectivos no Auditorio, estarán dirixidas a tres grupos: infantil, xuvenil e adultos
curso-teatro-vilalba
3 Nov 2024

O vicealcalde e responsable provisional da área de Cultura, Modesto Renda, anunciou a apertura do prazo de inscrición para a Escola Municipal de Teatro do curso 2024/25, unha noticia moi agardada por veciños e afeccionados ás artes escénicas. O prazo abrirá este luns, 4 de novembro, e estará aberto ata o 12 de novembro.

As persoas interesadas poderán formalizar a súa inscrición de dúas maneiras: presencialmente no Departamento de Cultura do Concello ou mediante o rexistro na Sede Electrónica.

As clases, que se impartirán todos os xoves lectivos no Auditorio, estarán dirixidas a tres grupos: infantil, xuvenil e adultos, con horarios e tarifas adaptadas a cada nivel. Os máis novos, de 6 a 11 anos, terán clases de 17.00 a 18.00 horas por 30 euros, mentres que o grupo xuvenil será desde as 18.00 ás 19.30 horas e custarán 60 euros. Co mesmo prezo impartiranse as clases de adultos, de 20 a 22 horas.

Esta iniciativa pretende achegar o teatro a todos os públicos, promovendo a formación artística na comunidade.

0.25486302375793