Abre o luns o prazo de inscrición para os cursos de cerámica e cestaría de Guitiriz

TerraChaXa
Teñen prazas limitadas e as inscricións estarán abertas, en ambos casos, ata o 26 de setembro
cesteria
13 Sep 2025

O Concello de Guitiriz abrirá este luns, 15 de setembro, ás 8:30 horas o prazo de inscricións para os cursos de cerámica e cestería 2025/26. O prazo de matrícula estará aberto en ambos casos ata o 26 de setembro e poderán formalizarse ben de xeito presencial, no rexistro do Concello, ou a través da sede electrónica (guitiriz.sedelectronica.gal/info).

O curso de cerámica levarase a cabo os xoves e os venres na aula de cerámica da Escola Habanera. As clases darán comezo o xoves 9 de outubro e estenderanse ata o mes de maio de 2026. Terán un prezo de 27 euros ao mes.

O curso de cestería levarase a cabo os xoves de 16:30 a 18:30 horas no soto da Escola Habanera. As clases darán comezo o xoves 9 de outubro e estenderanse ata o mes de maio de 2026. Terán un prezo de 27 euros ao mes.

As prazas son limitadas e terán preferencia para inscribirse as persoas empadroadas no Concello de Guitiriz.

⚙ Configurar cookies
0.17096281051636