Abre o luns o prazo para inscribirse no segundo cuadrimestre da UNED Sénior

TerraChaXa
Está dirixido a persoas maiores de 50 anos independentemente da súa formación e ofertaranse de novo as materias de música e inglés
visita-uned-sénior-A-Coruña-a-Samos
11 Jan 2026

A aula do Concello de Guitiriz da UNED Sénior da Coruña abre o luns, 12 de xaneiro, o prazo para inscribirse no segundo cuadrimestre do curso 2025/2026. O prazo estará aberto ata o próximo 28 de xaneiro.

A UNED Sénior está dirixida a persoas maiores de 50 anos independentemente da súa formación e ofertará de novo para este segundo cuadrimestre as materias de música e de inglés.

Todas as persoas interesadas poden formalizar a súa matrícula no Concello. Para máis información, pódese chamar ao teléfono 982 370 109 ou enviar un correo electrónico a info@concellodeguitiriz.com.

⚙ Configurar cookies
0.075920104980469