Abre o martes o prazo de matrícula na Escola Infantil de Guitiriz

TerraChaXa
Primeiro será a vez da renovación de praza e, a partir do 16, para novas matrículas
escola-municipal-guitirz
31 Mar 2025

O Concello de Guitiriz abre o martes, 1 de abril, o prazo para efectuar a matrícula para o próximo curso 2025/2026 na Escola Infantil Municipal.

Por unha banda, o prazo para renovar praza abrirase desde o 1 ao 15 de abril e, pola outra, as novas solicitudes poderán facerse desde o 16 ao 31 deste mesmo mes. En ámbolos dous casos a documentación pódese entregar por sede electrónica ou de xeito presencial, con cita previa.

As familias interesadas poderán atopar toda a información e a documentación na páxina web municipal no apartado dedicado á Escola Infantil.

⚙ Configurar cookies
0.73822808265686