Abre o martes o prazo de solicitude da escola infantil de Cospeito
TerraChaXa
O formulario poderase recoller na escola e presentarse no Concello

30 Mar 2025
O Concello de Cospeito abre este martes, 1 de abril, o prazo de presentación de solicitudes de novo ingreso na escola infantil municipal para o curso 2025- 2026 e este prolongarase ata o 15 deste mesmo mes.
O formulario poderase recoller na escola e, xunto coa documentación requirida, poderá presentarse de forma presencial na oficina de Servizos Sociais do Concello.
Para máis información, pódese chamar ao número de teléfono 982 520 001.