Abre o prazo das inscricións no talleres de informática da aula CeMIT de Guitiriz

TerraChaXa
O prazo estará aberto ata o próximo mércores 18 de setembro e as inscricións pódense formalizar na propia aula
talleres-informatica-aula-cemit-guitiriz
11 sep 2024

A Aula CeMIT de Guitiriz abre o prazo de inscricións nos talleres de informática 2024-25 o mércores 11 de setembro. O prazo estará aberto ata o próximo mércores 18 de setembro e as inscricións pódense formalizar na propia aula de xeito presencial sen custo algún.

As clases darán inicio o luns 7 de outubro e haberá varias quendas, dúas para persoas adultas e outras dúas para menores. As primeiras delas, as de adultos, serán os martes e xoves pola mañá, en horario de 10:30 a 12:00 horas, ou pola tarde, en horario de 16:30 a 18:00 horas. Por outra banda, as quendas para a rapazada dividiranse segundo a idade. Os nenos e nenas e 7 a 9 anos asistirán aos talleres os luns de 16:15 a 17:45 horas, mentres que os de 10 a 12 anos farano os mércores de 16:15 a 17:45 horas.

Para obter máis información sobre os cursos e consultar dúbidas pódese escribir aos enderezos electrónicos da Aula CeMIT (cemit.guitiriz@xunta.gal) e da biblioteca municipal (biblioteca@concellodeguitiriz.com), ou chamar por teléfono ao 982 370 062.

0.09443998336792