Abre o prazo de inscrición a escola infantil das Pontes
O Concello das Pontes abre o prazo de solicitude de matrícula para o curso 2023-2024 na Escola Infantil Municipal A Barosa.
As solicitudes, xunto coa documentación xustificativa, poderán presentarse, ata o 17 de abril, no Rexistro Municipal, con cita previa, chamando ao 667 129 380 ou ao 667 129 389, de luns a venres, de 09:00 a 14:00 horas ou a través da sede electrónica municipal
Para aquelas familias que non dispoñan dos medios telemáticos necesarios os impresos de solicitude estarán á súa disposición nas instalacións da Escola Infantil Municipal A Barosa
As prazas de novo ingreso asignaranse con preferencia a solicitantes con irmán/á cunha praza renovada no centro. As restantes solicitudes adxudicaranse atendendo á puntuación obtida a través da Comisión de baremación atendendo ao cumprimento dos seguintes requisitos:
- Ter unha idade mínima de tres meses na data de ingreso na escola infantil.
- Non ter cumpridos os tres anos de idade o 31 de decembro do ano que se solicita
praza, agás situacións especiais que estimará a comisión de baremación. - Estar nado no momento de presentación da solicitude.
- Estar empadroado/a, durante o tempo de asistencia a escola, toda a unidade
familiar no concello de As Pontes de García Rodríguez e cunha antigüidade no
padrón municipal de 3 meses a solicitude de matrícula. - No caso de producirse por parte dalgún membro da unidade familiar a baixa no padrón municipal, tería que ser comunicada e xustificada documentalmente, e de non ser así perderá a praza na escola infantil. Poderán realizarse de oficio revisións no padrón municipal.
- Atoparse ao día no pagamento das cotas mensuais na data de presentación da
solicitude.