Abre o prazo de inscrición das escolas deportivas municipais do Concello de Cervo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Abre o prazo de inscrición das escolas deportivas municipais do Concello de Cervo, que darán comezo o 2 de novembro.
DSC_1268
16 Out 2020

Abre o prazo de inscrición das escolas deportivas municipais do Concello de Cervo, que darán comezo o 2 de novembro.

Ofertarase ximnasia rítmica, patinaxe e unha actividade multideporte, e todas elas contan con aforo limitado. O criterio de admisión fixarase segundo a orde de entrega da documentación.

As fichas de inscrición facilitaranse e entregaranse na Casa da Cultura ou na Casa do Concello aínda que se pode descargar tamén a documentación e acceder a toda a información na seguinte ligazón: https://drive.google.com/file/d/1nkVRy5BCbIuidmajHD-a4gEvtn-XWPvu/view?fbclid=IwAR2RkiK8BBsQWEfWhIbOZ1HomCAknZCXNAwq0YT5nD46NUvgjwge159ITvw

As sesións impartiranse ao amparo dun traballado protocoo de seguridade ante a COVID-19; que a delegación de Deportes foi perfilando neste tempo, en coordinación coas persoas responsables de impartir as actividades

0.097526073455811