Abre o prazo de inscrición do concurso de cestas da Feria de Fungos e Cogomelos das Pontes

TerraChaXa
Poderán presentarse ata o 31 de outubro e o concurso será os días 2 e 3 de novembro
cogumelos-cestas-bosque
8 Out 2024

O Concello das Pontes abriu o prazo de inscrición no concurso de cestas da XXXIV Feira de Fungos e Cogomelos que se celebrará os días 2 e 3 de novembro

As inscricións poderán realizarse no Departamento de Cultura, antes da feira, no telf. 981440344 ou no correo cultura@aspontes.org ata o 31 de outubro ás 12:00h (deberán ter confirmación do Departamento de Cultura da inscrición na feira), e o día 2 de novembro na Feira antes das 10:30h.

Para concursar deberán presentarse exemplares dun mínimo de 10 especies distintas de cogomelos silvestres. As persoas concursantes deberán identificalos e poñer nome nos cogomelos que presenten. Non se empregarán especies protexidas.

As persoas concursantes deberán ter, cando menos, 18 anos que acreditarán presentando o DNI, aquelas da categoría xuvenil deberán ter entre 18 e 25 anos cumpridos o día do concurso (2 de novembro). Cada persoa só poderá participar cunha cesta.

A presentación a concurso será dende as 09.00h ata as 10.30h na carpa instalada na Praza de América, a partir desta hora, momento no que o xurado comezará a facer a valoración das cestas, non se admitirán máis participantes.

O xurado estará formado por persoas entendidas na materia que valorarán a clasificación, estado e variedade das especies presentadas. Ademais no premio especial atenderase á presentación e exemplares máis raros.

Entre as persoas participantes repartiranse un 1º premio de 400 euros, un 2º premio de 200 euros, n 3º premio de 150 euros, un 4º premio de 100 euros e un 5º premio de 75 euros. Ademais haberá un premio especial xuvenil valorado en 75 euros e un premio especial de 400 euros.

0.15724492073059