Abre o prazo de inscrición en Guitiriz para as actividades da calma

TerraChaXa
Esta actividade, que xa se desenvolveu con éxito en anos anteriores, contará con dúas sesións ao mes, que terán lugar os martes a partir das 18:30 horas
cartel-mentes-en-calma
29 Oct 2025

O Concello de Guitiriz abriu hoxe, este mércores 29 de outubro, o prazo de inscrición na actividade Mentes en Calma, unha proposta destinada a traballar aspectos como a autoestima, a relaxación, a calma, a meditación e o autocoñecemento.

As inscricións estarán abertas ata o vindeiro 10 de novembro ou ata completar o aforo dispoñible, sendo necesario un mínimo de 10 participantes para a realización da actividade. As persoas interesadas poderán anotarse de xeito presencial no Concello ou a través da Sede Electrónica, cubrindo a solicitude dispoñible na páxina web municipal.

Esta actividade, que xa se desenvolveu con éxito en anos anteriores, contará con dúas sesións ao mes, que terán lugar os martes a partir das 18:30 horas, cunha duración aproximada de unha hora e cuarto cada sesión. As sesións darán comezo o 18 de novembro e prolongaranse ata o 14 de abril, celebrándose na Casa Barxa.

Con esta proposta, o Concello de Guitiriz busca ofrecer ferramentas para xestionar a ansiedade e a frustración, fomentar a calma interior e mellorar o autoconcepto e a autoestima, empregando metodoloxías baseadas no mindfulness, a creatividade, a meditación e o autocoñecemento.

⚙ Configurar cookies
0.069475889205933