Abre o prazo de inscrición na Escola Infantil de Outeiro de Rei

TerraChaXa
Durante este período de tempo os pais/nais ou titores dos menores que estean na actualidade matriculados na Escola Infantil deberán presentar a solicitude de reserva de praza
escola-infantil-outeiro-de-rei
20 Mar 2026

Ata o 30 de abril, estará aberto o prazo de solicitudes de admisión para o curso escolar 2026/2027 na Escola Infantil Municipal de Outeiro de Rei.

Durante este período de tempo os pais/nais ou titores dos menores que estean na actualidade matriculados na Escola Infantil deberán presentar a solicitude de reserva de praza, no caso de querer continuar na escola infantil no próximo curso.

Paralelamente, os pais/nais ou titores de menores que desexen acceder a este servizo no próximo curso escolar deberán presentar solicitude de inscrición.

Para ambos supostos hai modelos normalizados que poden obterse na escola infantil, no Concello de Outeiro de Rei; tamén a través do banner que aparece na web municipal (outeiroderei.gal) destinado á Escola Infantil Municipal.

0.11676907539368