Abre o prazo de inscrición na escola infantil de Vilalba
A Escola Infantil Municipal de Vilalba abre un novo prazo de solicitude para o vindeiro curso 21/22. Este permancerá activo ata o 31 de maio. A oferta de prazas nas escolas infantís está dirixida a nenos de entre 3 meses e 3 anos, ademais de ser un servizo de atención primaria a infancia e que permite a conciliación da vida laboral.
As solicitudes de novo ingreso de nenos que figuren na lista de agarda da escola infantil Galiña Azul deberá de aportar: fotocopia do DNI dos pais ou representantes legais, fotocopia do libro de familia e declaración da renda do exercicio 2018 ou ben autorización para solicitar os datos fiscais.
As solicitudes que non figuren na lista de agarda deberán aportar ademais: fotocopia da última nómina ou xustificación da situación laboral no momento actual dos pais, así como documentación, se procede, que acredite as circunstancias susceptibles de puntuación no baremo que regula o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís da Xunta.
As solicitudes deberán presentarse no departamento de Servizos Sociais do Concello pero será necesario solicitar cita previa no teléfono 982 523 032 ou a través da sede electrónica.