Abre o prazo de inscrición na escola infantil de Vilalba
A Escola Infantil Municipal de Vilalba abriu un novo prazo de solicitude para o vindeiro curso 23/24. Este permanacerá activo ata o 30 de maio. A oferta de prazas nas escolas infantís está dirixida a nenos de entre 3 meses e 3 anos, ademais de ser un servizo de atención primaria a infancia e que permite a conciliación da vida laboral.
As solicitudes de novo ingreso de nenos que figuren na lista de agarda da escola infantil Galiña Azul deberá de aportar: fotocopia do DNI dos pais ou representantes legais, fotocopia do libro de familia e declaración da renda do exercicio 2018 ou ben autorización para solicitar os datos fiscais.
As solicitudes que non figuren na lista de agarda deberán aportar ademais: fotocopia da última nómina ou xustificación da situación laboral no momento actual dos pais, así como documentación, se procede, que acredite as circunstancias susceptibles de puntuación no baremo que regula o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís da Xunta.
As solicitudes deberán presentarse no departamento de Servizos Sociais do Concello ou a través da sede electrónica.