Abre o prazo de inscrición na Escola Infantil Pío Pío de Begonte

O Concello de Begonte abre hoxe luns, 23 de marzo, o prazo para inscribirse na Escola Infantil Pío Pío para o novo curso.
O prazo permanecerá aberto ata o 27 de marzo para a renovación de prazo do alumnado actual. Unha vez rematado o período de presentación de solicitudes e revisadas as renovacións de praza, procederase o día 7 de abril á exposición pública na páxina web municipal e no taboleiro de anuncios da Escola Infantil Municipal, da lista de renovacións e o número de prazas vacantes por unidades.
O prazo de presentación de solicitudes de novo ingreso será do 8 ao 22 de abril de 2026 e deberá facerse de forma presencial nas oficinas do Concello, de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.30 horas.
As persoas interesadas deberán achegar documentación acreditativa de familia numerosa, monoparental ou acollemento. Tamén solicitan certificado de nacemento, DNI dos pais e xustificación de ingresos familiares, cartilla de vacinación e tarxeta sanitaria do menor.
Será requisito imprescindible para ser adxudicatario de praza na escola infantil municipal que a unidade familiar solicitante estea empadroada no concello de Begonte para optar á praza. Agás no caso dos fillos/as das persoas traballadoras
Para acceder a toda a información, pode accederse a través deste enlace.