Abre o prazo de inscrición na Escola Infantil Pío Pío de Begonte

O Concello de Begonte abre hoxe luns, 23 de xuño, o prazo para inscribirse na Escola Infantil Pío Pío, de recente apertura.
O prazo permanecerá aberto ata o 30 de xuño e deberá facerse de forma presencial nas oficinas do Concello, de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.30 horas.
As persoas interesadas deberán achegar documentación acreditativa de familia numerosa, monoaprental ou acollemento. Tamén solicitan certificado de nacemento, DNI dos pais e xustificación de ingresos familiares, cartilla de vacinación e tarxeta sanitaria do menor.
Será requisito imprescindible para ser adxudicatario de praza na escola infantil municipal que a unidade familiar solicitante estea empadroada no concello de Begonte para optar á praza. Agás no caso dos fillos/as das persoas traballadoras
Para acceder a toda a información, pode accederse a través deste enlace.