Abre o prazo de inscrición nas bases do Esteo FS

TerraChaXa
O club ponteés O Esteo FS xa se atopa planificando a vindeira tempada 2022-2023 e empezaron co periodo de inscripción na mesma.
captacion socios e xogadores esteo as pontes
captacion socios e xogadores esteo as pontes
29 Ago 2022

O club ponteés O Esteo FS xa se atopa planificando a vindeira tempada 2022-2023, polo que xa está aberto o período de inscripción na mesma.

Có lema Queremos medrar contigo, únete a O Esteo FS deu comezo o prazo de inscripción para todos aqueles nenos e nenas que queiran formar parte da Escola de Futbol Sala de Base de O Esteo.

A solicitude de inscripción poderá descargarse na páxina web do club e, esta a súa vez deberá de ser enviada debidamente cuberta, xunto có xustificante de pago.

A inscrición está aberta para todos os pequenos nacidos entre 2016 e 2003, para as categorías de biberón ata xuvenil.

Tamén está aberta a campaña de abonos mantendo os prezos dos anos anteriores, con 30 euros por socio.

0.14927697181702