Abre o prazo de inscrición nas escolas culturais das Pontes

TerraChaXa
O Concello das Pontes abre o prazo de pre-matrícula das escolas municipais culturais para o curso 2021, dirixido ao alumnado inscrito no curso anterior.
118309304_2772232006356190_1612268777016492467_o
1 Oct 2020

O Concello das Pontes abre o prazo de pre-matrícula das escolas municipais culturais para o curso 2021, dirixido ao alumnado inscrito no curso anterior.

O responsable da área, Vicente Roca apunta que "este ano, debido ás circunstancias especiais provocadas pola covid-19, tivemos que atrasar o inicio das escolas municipais culturais e tamén por este motivo o desenvolvemento do curso 2020-2021 será distinto, hai cambios nos horarios, no tempo de duración das clases e no número de alumnos e alumnas que poderán participar en cada actividade co obxectivo prioritario de  garantir o cumprimento das normas establecidas polas autoridades sanitarias e velar pola saúde do alumnado e profesorado e por extensión da veciñanza”

Así, haberá un prazo de pre-matrícula para todo o alumnado inscrito no curso 2019-20, entre os días 1 e 7 de outubro, tanto a través da sede electrónica municipal como do correo electrónico (cultura@aspontes.org ou ana.barba@aspontes.org) e presencialmente no departamento de cultura situado na Casa Dopeso, de luns a venres, de 09:00 a 14:00 horas (martes de 17:00 a 20:00 horas) solicitando cita previa no teléfono 841 44 03 44. O impreso de solicitude de pre matrícula pode descargarsena páxina web do Concello.

Unha vez realizado este trámite, o profesorado das escolas será o encargado de organizar co alumnado prematriculado os grupos e horarios. Posteriormente, comunicaráselle a cada alumno/a o grupo e horario asignado e facilitaráselle información sobre o proceso de formalización da praza.

Durante o curso 2020-2021 todas as clases terán unha duración de 50 minutos e os grupos serán dun máximo de 10 alumnos/as, sendo obrigatorio o uso de máscara en todas as clases, a desinfección de mans, o mantemento de distancias de seguridade, evitando, ao mesmo tempo as aglomeracións nas entradas comúns de acceso.

O cumprimento das medidas hixénico-sanitarias tivo un carácter prioritario na organización dos grupos de cada escola e na programación das actividades polo que foi preciso realizar unha adaptación dos espazos e horarios das mesmas.

As clases de gaita serán os luns, no salón de actos da Casa Dopeso, de 16:00 a 21:00 horas e a escola de flamenco impartirá as súas clases os luns, no cine Alovi, desde as 18:00 ata as 20:00 horas.

As clases dos grupos do luns, de baile moderno, pasarán aos martes, na Casa Dopeso, na sala de danza,  a partir das 16:00 horas mentres cas clase dos venres de baile moderno, impartidas por Uxía, mudan aos martes, de 17:00 a 18:00 horas, no terceiro andar da Casa Dopeso.

Por outra banda a escola de danza clásica pasa as clases dos venres aos martes e impartiranse de 18:00 a 20:00 horas, no auditorio municipal Alovi e as clase de acordeón serán tamén no Alovi, os mércores.

Debido ás excepcionais circunstancias deste ano, para a reserva de praza do curso seguinte (2021-22) non se terá en conta este curso, senón o anterior (2019-2020), polo que aquel alumnado que este ano por calquera circunstancia decida non matricularse  e cumprira co establecido para a reserva de praza no curso 2019-20, terá dereito á praza para o curso vindeiro curso.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18644309043884