Abre o prazo de inscrición na escola infantil das Pontes
TerraChaXa
O Concello das Pontes abre o prazo de solicitude de matrícula para o curso 2021-2022 na Escola Infantil Municipal A Barosa.
24 Mar 2021
O Concello das Pontes abre o prazo de solicitude de matrícula para o curso 2021-2022 na Escola Infantil Municipal A Barosa.
As solicitudes, xunto coa documentación xustificativa, poderán presentarse, ata o 16 de abril, no Rexistro Municipal, con cita previa, chamando ao 667 129 380 ou ao 667 129 389, de luns a venres, de 09:00 a 14:00 horas ou a través da sede electrónica municipal.
Para aquelas familias que non dispoñan dos medios telemáticos necesarios os impresos de solicitude a estarán á súa disposición nas instalacións da Escola Infantil Municipal A Barosa. As prazas de novo ingreso asignaranse tendo en conta primeiro que teñan irmáns no centro e despois atendendo á puntuación obtida a través da Comisión de baremación.