Abre o prazo de inscrición para a UNED Sénior da Coruña

TerraChaXa
Todas as persoas interesadas poden formalizar a súa matrícula no Concello
uned-senior-matricula
18 Sep 2025

A aula do Concello de Guitiriz da UNED Sénior da Coruña abriu este venres, 19 de setembro, o prazo para inscribirse no curso 2025/2026. Este estará aberto ata o próximo 30 de setembro.

A UNED Sénior está dirixida a persoas maiores de 50 anos independentemente da súa formación e oferta este curso as materias de música e de inglés.

Todas as persoas interesadas poden formalizar a súa matrícula no Concello. Para máis información, pódese chamar ao teléfono 982 370 109 ou enviar un correo electrónico a info@concellodeguitiriz.com.

⚙ Configurar cookies
0.095831155776978