Abre o prazo de inscrición para a viaxe a Águeda organizada polo Concello de Guitiriz

O Concello de Guitiriz abre o prazo de inscrición para a viaxe a Águeda (Portugal), programada para os días 9, 10 e 11 de decembro, unha proposta que incluirá tamén visitas ás cidades de Coimbra e Aveiro.
O prezo da viaxe é de 250 euros por persoa en habitación dobre, cun suplemento de 60 euros para habitación individual. O paquete inclúe pensión completa en hotel de catro estrelas en Águeda, excursións locais con guía acompañante, seguro de viaxe e traslados en autobús.
As persoas interesadas poderán reservar a súa praza de forma presencial na Oficina de Turismo do Concello dende hoxe, luns, ata o mércores 12 de novembro. As prazas son limitadas e darase preferencia ás persoas empadroadas no municipio.
A saída realizarase o día 9 ás 7:30 horas dende o Campo da Feira de Guitiriz, sendo necesario un mínimo de 40 participantes para a realización da viaxe.
Para máis información, o Concello pon á disposición o teléfono 982 37 01 09 e a colaboración da axencia Lucsa Viaxes SL.