Abre o prazo de inscrición para as escolas deportivas de fútbol sala de Guitiriz

TerraChaXa
O Concello de Guitiriz abriu o prazo de preinscrición para as escolas de fútbol sala. Os interesados teñen de prazo ata o 31 de maio
pavillon guitiriz
15 Maio 2022

O Concello de Guitiriz abriu o prazo de preinscrición para as escolas de fútbol sala. Os interesados ou interesadas en participar teñen de prazo ata o 31 de maio para formalizar a preinscrición de renovacións ou novas altas, no Concello ou no pavillón municipal Jonathan Carro.

Este proceso adiántase ao resto das escolas deportivas, que se fará en setembro xunto coas vacantes de fútbol sala, xa que as competicións federadas piden reservar plaza no mes de xuño, polo que é necesario ter unha previsión de equipos e alumnado.

Hai 15 prazas como máximo por equipo para as categorías de biberóns (para nados entre o 2017 e o 2018), prebenxamíns (2015/16), benxamíns (2013/14), alevíns (2011/12), infantís (2009/10), cadetes (2007/08) e x
uvenís (2004/05/06)

Para calquer dúbida contactar co técnico municipal de Deportes.

0.058265924453735