Abre o prazo de inscrición para o concurso de cantería da feira de Parga

TerraChaXa
O Concello de Guitiriz abriu o prazo de inscrición para o Certame de Cantería de Parga, que terá lugar o 22 de xullo durante a Feira da Cantería, Callos e Artesanía desta localidade.
3 Xuño 2018

O Concello de Guitiriz abriu o prazo de inscrición para o Certame de Cantería de Parga, que terá lugar o 22 de xullo durante a Feira da Cantería, Callos e Artesanía desta localidade.

O tema do certame será libre e a organización terá disposto para todos os participantes cachotes de granito Silvestre (de gran fino) dunhas dimensións máximas de 0,40 x 0,40 x 0,20 metros, pero a elección das pedras será por sorteo. Os participantes terán que ir provistos das ferramentas manuais que eles consideren máis axeitadas para a realizacións das súas obras como macetas, punteiros ou cinceis. Tamén disporán para labrar a pedra dende as 09:00h ata as 14:00 h do día de celebración da feira.

As contías dos premios serán dun  Primeiro premio de 700 € , segundo premio de 500 € , terceiro premio 200 € e 100 € en concepto de dietas de desprazamento máis o xantar.

A inscrición poderase facer ata o día 19 de xullo e haberá que chamar ao 646 02 70 16 e preguntar por Fernando Roca Arenas, Presidente da Comunidade de Montes de Parga. A participación no concurso está limitada a 20 participantes, as solicitudes serán admitidas por rigoroso orde de inscrición.

0.14706492424011