Uns 500 corredores participan este domingo no III Trail das Bestas de Muras

TerraChaXa
O domingo 3 de novembro o Concello de Muras acollerá unha nova edición do Trail das Bestas, que na que vai ser a súa terceira edición conta xa cunha gran reputación co obxectivo de poñer en valor o concello de Muras e a Serra do Xistral.
muras trail 3
31 Out 2019

O domingo 3 de novembro o Concello de Muras acollerá unha nova edición do Trail das Bestas, que na que vai ser a súa terceira edición conta xa cunha gran reputación co obxectivo de poñer en valor o concello de Muras e a Serra do Xistral. Nesta ocasión participarán un total de 500 corredores nas diferentes categorías. Esta cita está organizada por MarMar Outdoor e a Deputación de Lugo.

O percorrido será circular con saída e meta na Área Recreativa da Veiga despois de percorrer un circuíto marcado con cinta de balizamento e con sinais de dirección nos cruces a carón da localidade de Muras chegando á Serra do Xistral no seu punto máis lonxano. Debido ás previsións meteorolóxicas, o percorrido modificouse para quedarse en cotas por debaixo dos 800 metros mantendo as distancias e os desniveis.

Haberá tres distancias diferentes para percorrer. A máis dura, de 43 quilómetros, será o maratón, seguida da media maratón con 27 km. A curta e a andaina terán 14 km. Arrincarán polo tanto, a primeira ás 8.30 horas; a andaina partirá ás 9.30 e as curtas dez minutos máis tarde.

As categorías son: sénior masculino ou feminino -dende os 18 ata os 45 anos- e veterano ou veterana -a partir dos 46 anos tendo en conta a idade que terá o corredor ou corredora a final do ano-. Haberá trofeos para os tres primeiros de ambas categorías que serán entregados en dúas quendas, paras as categorías inferiores, ás 13.30 e para os de maratón ás 14.40 horas.

Tamén haberá servizo de conciliación coa instalación dun punto de atención aos máis pequenos e pequenas que durante a proba poderán realizar diversas actividades tal e como sucedeu o ano pasado. Así, haberá unha ludoteca a caergo de Picariños e tamén realizarase unha carreiras ás 10.00 horas á que poderán apuntarse o mesmo día.

A organización disporá de abastecementos, tanto líquidos coma solidos, fruta, barritas de cereais, xeles enerxéticos, auga e isotónicos. É obrigatorio por parte dos corredores traer un vaso ou sistema de hidratación para poder abastecerse nos puntos habilitados. A organización non terá vasos como unha medida de protección do medio ambiente.

Captura de pantalla 2019 09 03 a las 18.14.29
0.19078207015991