Abre o prazo de inscrición para o novo taller de relaxación en Guitiriz

TerraChaXa
O Concello de Guitiriz retomará este mes de setembro os taller de relaxación, que tanto éxito tivo a pasada campaña.
1 sep 2019

O Concello de Guitiriz retomará este mes de setembro os taller de relaxación, que tanto éxito tivo a pasada campaña. O taller impartirase todos os luns en dúas quendas, de 19.00 a 20.00 horas e de 20.10 ás 21:10 horas.

O taller de relaxación desenvolverase na Casa Habanera dirixido a toda a poboación, en especial aos que padezan problemas de ansiedade, estrés e insomnio.

Cada grupo, composto por un máximo de dez persoas, realizará dez sesións entre o 9 de setembro e o 11 de novembro.

O prazo para inscribirse no taller está aberto e ten que facerse no Servizo de Atención Psicolóxica ou nos teléfono 600 081 443 (tamén por whatsapp).

Por outra banda, o Serivzo de Atención Psicolóxica cambiou o seu horario e agora atende os luns e martes de 8.30 a 13.30 e de 15.00 a 19.00 horas. O mércores terá o mesmo horario pero só de mañá.

0.18416094779968