Abre o prazo de inscrición para os campamentos de Néboa nas Pontes
Aberto o prazo de inscrición nas XXXIII Acampadas Intermunicipais na Natureza en Vilarbó, organizadas pola asociación Neboa e que teñen como eixo fundamental o medio ambiente e o contacto dos máis novos con ela.
Por motivos hixiénicos sanitarios a formalización da matrícula farase a través do correo electrónico - escola@neboa.org- agás a entrega da declaración responsable cuio orixinal será entregado debidamente asinado o día de chegada dos participantes.
Terán preferencia os participantes do concello organizador e concellos colaboradores (As Pontes, Pontedeume e O Barco de Valdeorras) e logo o resto dos participantes por riguroso orde de chegada. Revisadas as peticións, comunicaráse a cada interesado se ten plaza ou non.
O número de participantes queda supeditado ás normas sanitarias e protocolos covid que rixan no momento do inicio do campamento. En caso de que o número fose inferior ao matrículado a entrega de plazas será por orde riguroso de chegada.
A asociación resérvase a posibilidade de anulación do campamento se as normas sanitarias así o aconsellan. Os campamentos rexeránse polos protocolos adaptados do protocolo xeral da Xunta de Galicia, susceptibles de sufrir modificacións dependendo da situación epidemiolóxica respecto da covid-19.
O campamento multiaventura será do 7 ao 18 de xullo, para rapaces de 9 a 16 anos e terá un prezo de 220€ para os empadroados nas Pontes e de 255€ para o resto.
O campamento Robinson será entre o 22 e o 28 xullo, para os máis pequenos, de 6 a 8 anos. Custará 140€ para ponteses e 165€ para o resto.