Abre o prazo de inscricións no programa Musiqueando

TerraChaXa
Comeza o prazo para que os grupos tradicionais, corais, e bandas, con residencia ou sede social na provincia, se acollan ao programa musiqueando, da área de Cultura, despois da publicación este martes, das bases no Boletín Oficial da Provincia.
1 43 e1597216945813
16 Ago 2020

Comeza o prazo para que os grupos tradicionais, corais, e bandas, con residencia ou sede social na provincia, se acollan ao programa musiqueando, da área de Cultura, despois da publicación este martes, das bases no Boletín Oficial da Provincia. O prazo permanecerá aberto ata o día 25 de agosto.

O programa Musiqueando 2020, incorpora novidades para adaptar a convocatoria ás necesidades sanitarias e de seguridade, permitindo que moitos concellos e asociacións poidan seguir celebrando as súas festas e mantendo a actividade cultural.

Nesta edición Musiqueando contará cun orzamento de 180.000 euros e a vicepresidencia asume o 100 por cento do custo total das actuacións.

Por outro lado, a convocatoria establece que, no caso de que as circunstancias sanitarias impidan celebrar as actuacións concertadas ao vivo, os grupos teñen a opción de facer unha gravación audiovisual que a área de Cultura difundirá a través das súas canles dixitais.

0.16669702529907