O PAI de Muras abre o prazo de inscrición e convoca unha xornada de portas abertas

Este martes, día 1 de xullo abre o prazo para a presentación de solicitudes de praza no Punto de Atención á Infancia (PAI) para o curso 2025-2026.
O PAI de Muras conta cun número de prazas reducido cunha metodoloxía de calidade por proxectos.
O prazo de presentación remata o 15 de xullo e ten que facerse no rexistro do Concello nas Oficinas Xerais ou tamén no rexistro electrónico do Concello.
As persoas que desexen coñecer o centro poderán asistir a unha xornada de portas abertas este martes, día 1 de 9.30 a 13.00 e de 14.00 a 16.00 horas. As persas que desexen información poden pedila no teléfono 615 162 432.