Abre o prazo de presinscrición para o campamento de verán de Begonte

TerraChaXa
O Concello de Begontea acollerá a primeira quincena de xullo un campamento de verán que contará tamén coa celebración do III Campus Mixto de Fútbol Sala.
58443817_2223112847949104_910983089130307584_o
25 Abr 2019

O Concello de Begontea acollerá a primeira quincena de xullo un campamento de verán que contará tamén coa celebración do III Campus Mixto de Fútbol Sala.

O Concello establece un total de 50 prazas para as que xa está aberta a inscrición, que poderá facerse ata o 3 de maio e será por rigurosa orde de solicitude. Para apuntarse haberá que enviar ao correo ascanicasdebegonte@gmail.com os datos solicitados (nome, dni, data de nacemento, nomes dos pais e teléfono de contacto).

O campamento está dirixido a nenos de 4 a 16 anos e contará con actividades diversas, como suf, tiro con arco, pista de xeo, paitball láser, multideporte, parque acuático, kayak e fútbol sala.

O horario do campamento será de luns a venres de 9.30 a 13.30 horas con servizo de madrugadores para os que o necesiten cun suplemento de dez euros sobre o 85 que ten de custo o campamento para os escolarizados en Begonte e alumnos das escolas deportivas. O prezo xeral será de 110 euros con descontos para os irmaos.

 

0.10270309448242