Abre o prazo de reclamación sobre a reestruturación parcelaria en Santo Estevo de Pol

Pol
TerraChaXa
O Concello de Pol comunicou que xa está aberto o prazo de revisión e alegación sobre o acordo de reestruturación parcelaria na zona de Santo Estevo.
26 Abr 2018

O Concello de Pol comunicou que xa está aberto o prazo de revisión e alegación sobre o acordo de reestruturación parcelaria na zona de Santo Estevo.

Unha vez executadas as operacións técnicas de deseño de novos predios de substitución, iniciouse o fase de exposición pública previa ao acordo de reestruturación, consistente na exposición da planimetría resultante.

Os interesados en consultar esta nova estrutura de fincas poden facelo no local social dos veciños de Santo Estevo, no Concello de Pol, nas oficinas do Servizo de Infraestruturas Agrarias de Lugo e na propia páxina web do Medio Rural.

As personas insteresadas poden recoller tamén o correspondente documento resumo, no que se relacionan as fincas de reemprazo que se lles asignarán, o próximo 10 de maio no local social de Santo Estevo e no Servizo de Infraestruturas Agrarias de Lugo.

O prazo de presentación de alegacións xa está aberto e prolongarase ata o 22 de maio. Os que desexen facer algunha reclamación sobre o mesmo deberán facelo a través dun escrito dirixido ao Servizo de Infraestruturas Agrarias de Lugo.

0.17324304580688