Abre o prazo de solicitude das subvencións a entidades veciñais das Pontes

TerraChaXa
O Concello das Pontes abriu xa o prazo para solicitar as subvencións dirixidas ás entidades veciñais para o ano 2020.
21 Ago 2020

O Concello das Pontes abriu xa o prazo para solicitar as subvencións dirixidas ás entidades veciñais para o ano 2020. Este remata o 2 de setembro de 2020-

A través destas subvencións o goberno local quer dar apoio ás actividades levadas a cabo por estas entidades e fomentar a participación da cidadanía, contribuíndo deste xeito a impulsar a democratización da sociedade.

As achegas están destinadas as entidades veciñais, sen ánimo de lucro, inscritas no rexistro de Asociacións do Concello de As Pontes, que desenvolvan a súa actividade no municipio ou aborden asuntos de interese para a localidade.

O goberno local destinará 30.000 euros a estás achegas coas que se cubrirán os gastos derivados das actividades que desenvolvan as entidades veciñais así como os gastos en infraestruturas e material

Para acceder a estas subvencións é necesario presentar a solicitude a través da sede electrónica do Concello, cumprimentada polo representante da entidade veciñal mediante certificado electrónico, xunto coa documentación esixida na convocatoria.

0.19816398620605