Abre o prazo de solicitude do banco de alimentos nas Pontes
O Concello das Pontes abriu o prazo de solicitudes do banco de alimentos. As persoas interesadas poden presentar as súas peticións ata o xoves 4 de novembro, de 8:30 a 14:00 horas, no Departamento de Servizos Sociais (2º andar da Casa Dopeso).
Os solicitantes deberán presentar ademais documentación como os movementos bancarios dos últimos 6 meses de todas as contas da unidade familiar, última declaración do IRPF, ou certificado de imputacións (no caso de non facela), ou xustificantes económicos de todos os membros da unidade familiar: INEM, contratos de traballo, nóminas, recibos de pensións … No caso de non poder presentar esta documentación é preciso achegar unha declaración xurada da situación económica da familia.
Así mesmo pídese o último recibo de alugueiro ou hipoteca (se é o caso) e fotocopia da sentencia de separación ou divorcio, convenio regulador, demanda de impago de pensión, etc.