Abre o prazo de solicitude do servizo de podoloxía para este ano en Begonte
TerraChaXa
O Concello de Begonte ofrecerá de novo este ano un servizo de podoloxía aos seus veciños de máis de 65 anos empadroados no Concello.
22 Mar 2022
O Concello de Begonte ofrecerá de novo este ano un servizo de podoloxía aos seus veciños de idade avanzada.
Para poder acceder a este programa unicamente é necesario ter máis de 65 anos e estar empadroado no Concello.
Os interesados en sumarse deberán presentar a súa solicitude no servizo de atención podolóxica que xa está aberto e que remata o 1 de abril de este ano.
Será necesario acudir ás oficinas municipais para asinar a solicitude.
Este servizo ten como obxectivo prestar unha atención podolóxica básica ás persoas maiores de cara a favorecer o seu benestar integral.