Abre o prazo de solicitude do servizo de podoloxía para este ano en Begonte

TerraChaXa
Para poder acceder a este programa unicamente é necesario ter máis de 65 anos e estar empadroado no Concello
podologia
Atención podolóxica
23 Mar 2025

O Concello de Begonte ofrecerá de novo este ano un servizo de podoloxía aos seus veciños de idade avanzada.

Para poder acceder a este programa unicamente é necesario ter máis de 65 anos e estar empadroado no Concello.

Os interesados en sumarse deberán presentar a súa solicitude no servizo de atención podolóxica a partir do 24 de marzo.

Será necesario acudir ás oficinas municipais para asinar a solicitude.

Este servizo ten como obxectivo prestar unha atención podolóxica básica ás persoas maiores de cara a favorecer o seu benestar integral.

⚙ Configurar cookies
0.66969799995422