Abre o prazo de solicitude no PAI da Pastoriza
TerraChaXa
O Concello da Pastoriza ten aberto o prazo de solicitudes para os novos ingresos no punto de atención a infancia ata o día 1 de xullo.
3 Xuño 2021
O Concello da Pastoriza ten aberto o prazo de solicitudes para os novos ingresos no punto de atención a infancia ata o día 1 de xullo.
A inscrición pode realizarse nas oficinas municipais previa cita telefónica, no rexistro electrónico do Conello ou a través do correo electrónico administracion@concellodapastoriza.es. Haberá que presentar ademais de fotocopias dos DNIs ou libro de familia, un certificado de empadroamento, a declaración da renda, a última nómina, a certificación do INEM, ou outros documentos acreditativos.