Abre o prazo de inscrición para o servizo de madrugadores en Guitiriz
TerraChaXa
O Concello de Guitiriz abriu o prazo de inscrición para o Servizo de Madrugadores, o servizo municipal que se ocupa da atención dos nenos e nenas de Primaria antes da súa entrada ao colexio.
27 Ago 2018
O Concello de Guitiriz abriu o prazo de inscrición para o Servizo de Madrugadores, o servizo municipal que se ocupa da atención dos nenos e nenas de Primaria antes da súa entrada ao colexio.
Este servizo, que busca a conciliación da vida familiar e laboral, abre ás 8.00 horas e ten lugar no Ceip Lagostelle de Guitiriz ata as 9.30 horas, momento no que dá comezo a xornada escolar.
O prazo de matrícula estará aberto ata o 24 de setembro mentres que o inicio do servizo será o día 17. A inscrición deberá facerse nas oficinas municipais do Concello.