Abre o prazo en Guitiriz para anotarse ás clases de baile para maiores de 50 anos

O Concello de Guitiriz abrirá o hoxe luns o prazo de inscrición para participar nas clases de baile dirixidas a persoas maiores de 50 anos.
Esta actividade desenvolverase no ximnasio do IES Poeta Díaz Castro todos os martes e xoves a partir do 4 de novembro, data na que comezarán as sesións. As clases terán lugar a partir das 18:00 horas.
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 10 de outubro ou ata completar aforo, podendo formalizarse de dúas maneiras: acudindo de xeito presencial ao propio Concello ou a través da Sede Electrónica municipal (guitiriz.sedelectronica.gal).
As persoas interesadas deberán presentar a solicitude cumprimentada, dispoñible para a súa descarga na páxina web municipal, e aboar unha taxa de 17 euros. No caso de que o número de persoas inscritas supere as 15, a taxa reducirase a 15 euros por participante.
Para máis información, pódese chamar ao teléfono 982 37 01 09 ou consultar a páxina web oficial do Concello de Guitiriz.