Abre o prazo en Guitiriz para as actividades da calma

TerraChaXa
Trátase de dúas propostas para aprender a xestionar as emocións en sesións mensuais
aulas-da-calma-guitiriz
8 Jan 2025

O Concello de Guitiriz abre o prazo de inscrición de Mentes en Calma e Aula da Calma para mozos e mozas, dúas propostas para aprender a xestionar as emocións e buscar a calma que terán lugar na Casa Barxa.

Mentes en Calma é una actividade aberta para o público en xeral na que se pretende dar ferramentas para poder manexar a ansiedade, a frustración, buscar a calma, mellorar o autoconcepto e a autoestima a través do mindfullness, a creatividade, a meditación ou o autocoñecemento.

Contará con dúas sesións mensuais de unha hora e cuarto os venres ás 17:00 horas do 24 de xaneiro ata o 30 maio. Deberá haber un mínimo de 10 participantes.

Por outra banda, Aula da Calma para mozos e mozas é unha actividade pensada para mozos e mozas de 10 a 16 anos de idade na que se pretende dar as ferramentas para manexar a ansiedade, o estrés, a frustración ou a incerteza, buscando a calma e aprendendo a parar vivindo o momento presente.

Contará con dúas sesións ao mes dunha hora de duración centradas en levar a cabo prácticas de ioga, mindfullness e relaxación que serán os martes ás 19:00 horas. A actividade estenderase do 28 de xaneiro ata o 20 de maio. Deberá haber un mínimo de 8 participantes,

As inscricións poderanse realizar a través da sede electrónica ou de xeito presencial no Concello ata completar aforo e terán un prezo de 15 euros para cada actividade.

0.16378211975098