Abre o prazo para a inscrición do alumnado de novo ingreso nas escolas culturais das Pontes
Concello das Pontes publica o listado de prazas vacantes nas escolas municipais culturais para o curso 2022 e abre o prazo de inscrición, ata o 29 de setembro, para o alumnado de novo ingreso.
A solicitude deberá realizarse, preferentemente, de forma telemática a través da sede electrónica do concello. Aquelas persoas que non dispoñan de medios ou coñecementos para realizar a inscrición online poderán descargase os impresos na páxina web municipal ou acudir ao Departamento de Cultura, de luns a vernes, de 09:00 a 14:00 horas, onde se lles facilitarán os impresos de solicitude de matrícula. Unha vez cubertos e asinados poderán presentalos no mesmo departamento ou a través do correo electrónico (cultura@aspontes.org)
A adxudicación destas plazas farase de forma directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles ou por sorteo público, que se celebrará o 30 de setembro, ás 10:00 horas, no Salón da Casa Dopeso, no caso de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles.
O Departamento de Cultura notificará por correo electrónico ou teléfono a adxudicación de praza, e dará ao novo alumnado as instrucións e prazos para a realización do pago da matrícula.