Abre o prazo para anotarse ao campamento de Nadal de Muras

TerraChaXa
Terá lugar os días laborais das vacacións escolares, entre o 22 e o 31 de decembro (24 e 31 incluído), todas as mañás entre as 10.00 e as 14.00 horas con actividades para todos
campamento-de-nadal-muras
6 Dec 2025

O Concello de Muras centrará o seu programa de Nadal en actividades orientadas á cativada de 3 a 16 anos. Así, volverá organizar un campamento co título de Brinca Muras co obxectivo de axudar a conciliar a vida familiar e laboral.

Este campamento terá lugar os días laborais das vacacións escolares, entre o 22 e o 31 de decembro (24 e 31 incluído), todas as mañás entre as 10.00 e as 14.00 horas con actividades para todos. Así están previstos xogos grupais, de intelixencia, obradoiros manuais, actividades de igualdade, musicais e outros deportivos.

As persoas interesadas en anotarse poden facelo antes do 17 de decembro na Casa do Concello. Será gratuíto e contará con monitoras para acompañar aos pequenos.

⚙ Configurar cookies
0.071365833282471