Abre o prazo para as axudas para o transporte escolar en Begonte
O Concello de Begonte vén de abrir o prazo de presentación de solicitudes para as axudas a escolares deste municipio e que van dirixidas a todos os estudantes do termo municipal correspondentes ao curso 2023/24. As axudas para material xa abriu o prazo e agora abre para as de transporte escolar.
As axudas ao transporte escolar durante o curso actual, están dirixidas aos estudantes que cursen estudos de bacharelato, ciclos formativos de grao medio e superior, ou estudos universitarios, co fin de contribuír a paliar o gasto diario ou semanal, que os estudantes teñen como consecuencia do seu traslado a outras localidades para cursar os referidos estudos.
Teñen como requisito estar matriculados actualmente no Concello e Begonte que cursen os estudos superiores e que non teñan xa transporte gratuíto para o desprazamento ao centro educativo.
Os beneficiarios contarán cunha axuda de entre 200 e 400 euros dependendo da distancia do seu centro.
O prazo de presentación da documentación necesaria para o outorgamento destas axudas nos dous casos rematará o 20 de outubro. Esta pode facerse a través da sede electrónica do Concello.