Abre o prazo para as axudas para material escolar en Begonte
O Concello de Begonte vén de abrir o prazo de presentación de solicitudes para as axudas a escolares deste municipio, que van dirixidas a todos os estudantes do termo municipal correspondentes ao curso 2023/24. As axudas están divididas en dúas convocatorias diferentes, por unha banda, as axudas de material e pola outra as de transporte escolar.
Abre agora as de material escolar, que están dirixidas a escolares de Infantil, Primeira e ESO que estuden no Concello de Begonte e os alumnos de Educación Infantil e Primaria de Saavedra e Uriz, escolarizados en Rábade.
Tamén terán a consideración de beneficiarios os alumnos empadroados en Begonte que cursen estudios no IES de Rábade ou noutros centros educativos públicos ou concertados, no curso académico 2023-2024.
Estas axudas, que se conceden en función da renda, teñen un máximo de 150 euros e van destinadas á compra de material escolar para todas e excepcionalmente para libros de texto dos cursos 1º e 3º de ESO no IES de Rábade. Enténdese por material escolar: fichas de traballo de educación infantil, mochilas, cadernos, dicionarios e outros materiais directamente relacionados co desenvolvemento das actividades formativas escolares.
O prazo de presentación da documentación necesaria para o outorgamento destas axudas nos dous casos rematará o 19 de outubro. Esta pode facerse a través da sede electrónica do Concello.