Abre o prazo para formar a maiores de 60 anos en novas tecnoloxías en Guitiriz
Ábrese o prazo para as inscricións no curso @s nos@s maiores, mellor acompañad@s, dedicado á formación en novas tecnoloxías para persoas de máis de 60 anos. Neste taller, no que se fomenta a autonomía das persoas maiores, ensinaranse conceptos tecnolóxicos para que aprendan a desempeñarse por eles mesmos en trámites cotiás como o uso do caixeiro automático, do teléfono móbil, da aplicación do Sergas ou da máquina de quendas dos concellos e centros de saúde.
O curso será impartido pola Fundación Amigos de Galicia os días 5, 12, 19 e 26 de setembro en horario de 10:00 a 12:30 horas na biblioteca pública municipal de Guitiriz. A inscrición é de balde e pódese formalizar a través do teléfono 982 37 00 62.
As prazas adxudicaranse por orde de inscrición, sendo necesarias un mínimo de 15 persoas para que o curso sexa organizado. Trátase dunha boa oportunidade para que as persoas maiores coñezan mellor o funcionamento das novas tecnoloxías, especialmente aquelas que precisan usar no seu día a día, cunha formación que ten como obxectivo fomentar a súa autonomía e a súa independencia.