Abre o prazo para inscribirse na Xuntanza de Xubilados de Rábade

O Concello de Rábade abrirá hoxe, xoves, 9 de abril, o prazo para retirar as tarxetas da Xuntanza de Xubilados e Pensionistas, que terá lugar o próximo 10 de maio ás 14:00 horas no Restaurante Asador Coto Real.
A recollida de tarxetas realizarase no Concello do 9 ao 30 de abril. O prezo será de 8 euros para as persoas xubiladas ou pensionistas de Rábade e de 40 euros para acompañantes.
O pagamento poderá facerse no propio Concello mediante TPV, a través da aplicación de Abanca ou nunha oficina da entidade bancaria en horario de atención ao público, no número de conta do Concello.