Abre o prazo para inscribirse nos campamentos urbanos de verán de Vilalba

TerraChaXa
Concello de Vilalba abre hoxe, mércores 12 de abril, e ata o día 21, o prazo de inscrición nos Campamentos Urbanos de Verán 2023.
campamento veran vilalba portada
12 Abr 2023

O Concello de Vilalba abre hoxe, mércores 12 de abril, e ata o día 21, o prazo de inscrición nos Campamentos Urbanos de Verán 2023 co obxectivo de permitir ás familias conciliar a vida persoal e laboral.

Haberá dúas quendas, a primeira do 3 ao 28 de xullo, e a segunda do 31 de xullo ao 25 de agosto. Cada unha contará con 40 prazas e os interesados pódense inscribir en ambas, sempre indicando unha delas como preferente.

A convocatoria vai dirixida aos nenos e nenas con idades entre os 5 e 12 anos (nados entre o 2018 e 2011). Terán preferencia os empadroados en Vilalba.

O procedemento de inscrición será a través da sede electrónica do Concello (https://vilalba.sedelectronica.es) ou presencialmente no rexistro xeral situado no 1.º andar do Concello (Teléfono: 982 510 305).

Nos criterios de baremación á hora de outorgar as prazas priorizarase ás familias nas que traballen os dous proxenitores ou aquelas monoparentais nas que a persoa proxenitora traballe.

A listaxe de persoas admitidas publicarase no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web municipal www.vilalba.gal

O servizo prestarase con actividades de ocio e primaranse os espazos ao aire libre en horario de 9.00 a 14.00 horas. O custe será de 90 euros por quenda para cada un dos nenos ou nenas empadroados; 180 € para os non empadroados; e será de balde nos casos exentos previo informe de Servizos Sociais.

As bases completas pódense consultar na web do Concello de Vilalba: www.vilalba.gal

campamento veran vilalba
0.17574286460876