Abre o prazo para inscribirse nos cursos de natación de Vilalba

O Concello de Vilalba informa de que desde este luns ao 21 de setembro estará aberto o prazo de preinscrición para os cursos de natación da piscina municipal, que comezarán o 1 de outubro. En total ofértanse 375 prazas, das que 126 estarán destinadas a persoas adultas, nos niveis de iniciación, medio e perfeccionamento, e 249 para nenos e nenas, nas modalidades de familiarización, iniciación, medio e perfeccionamento.
As preinscricións deberán formalizarse na recepción da piscina municipal, presentando a documentación requirida. As prazas adxudicaranse por orde de antigüidade e mediante sorteo, que terá lugar na piscina o 22 de setembro ás 12:00 horas.
Toda a información detallada pode consultarse na web municipal vilalba.gal/novas, na propia recepción da piscina, no teléfono 982 51 25 30 ou a través do correo electrónico usuariospiscinavilalba@clece.es. O Concello lembra que as prazas son limitadas e recomenda ás persoas interesadas non agardar ata o último momento para realizar a súa solicitude.